NORMAS DE PRÉSTAMO
 
PRÉSTAMO
É posible tomar ebooks en préstamo independentemente do número de exemplares en préstamo noutros soportes na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.
  • Pode tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks de forma simultánea.
  • O prazo de préstamo será de 21 días, con posibilidade de renovación.
 
RENOVACIÓN
É posible renovar o préstamo de ebooks.
           O prazo de renovación será de 21 días.
           A renovación deberá xestionarse durante os tres últimos días do préstamo.

Non será posible renovar préstamos nos seguintes casos:
           Se existen reservas doutros lectores sobre ese título.
           Se ao renovar o préstamo se supera o número máximo de préstamos simultáneos por lector.
 
DEVOLUCIÓN
  • Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o ebook deixará de ser accesible dende os seus dispositivos.
    Non poderá volver tomar en préstamo o mesmo título ata que transcorran 24 horas dende a devolución.
    É posible devolver préstamos antes da data prevista sempre que:
    • Non descargase o ebook mediante Adobe Digital Editions.
    • Non efectuase máis de dúas devolucións anticipadas nos últimos 30 días.          
 
RESERVA
Se o título do seu interese está prestado, poderá reservalo para gozar del cando estea dispoñible:
  • Seguirase orde de petición para as reservas.
  • É posible reservar ata un máximo de dous ebooks de forma simultánea.
  • Os ebooks admitirán un máximo de cinco reservas por exemplar.
  • No momento en que o ebook estea dispoñible e lle corresponda por orde de petición, recibirá unha mensaxe de correo electrónico cun enlace para confirmar o préstamo:       Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, podería perder a súa reserva.
    • Disporá de 24 horas para confirmar o préstamo, transcorridas as cales sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector en espera.
    • En caso de que no momento de activarse a reserva tivese en préstamo o número máximo de ebooks por lector, non recibirá mensaxe de aviso e a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector en espera.
Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, podería perder a súa reserva.